La Voz de Galicia (Ferrol) - La Voz de Galicia (Ferrol) - Especial1

«A xente dinos que é algo totalmente diferente ao que se pode ver por aí»

-

«Eu son medio de Barizo, medio de Malpica», comenta Beatriz Verdes ao preguntarl­le por que a elección de Barizo. Asegura que a creación das Cabanas de Vendaval é, tamén, unha aposta polo rural: «Tiñamos o terreo alí, pero a verdade é que a nós tamén nos gusta máis este tipo de turismo, máis familiar, máis cercano, máis rural».

—Que sensacións lle trasladan os que se achegan?

—A xente que veu ver como é dinos que á e algo totalmente diferente ao que se pode ver por aí. Con todos as comodidade­s que podes ter nun hotel, pero dunha forma moito máis acolledora. É dicir, unhas comodidade­s que ao mellor na zona atopas nun hotel, pero non tanto nunha zona rural como é esta.

—Prevé contrataci­óns?

—Neste momento de arranque voume amañando ben soa, coa axuda puntual do meu home, pero en función de como vaiamos indo si que penso en alguén para axudar, sobre todo coa limpeza.

—Cando un viaxa con nenos, as prioridade­s ou aquilo que se pide cambia completame­nte.

—Si, nós temos dous. Cando pensamos neste modelo de cabana que impulsamos, e tamén no lugar, fixémolo pensando moito na nosa experienci­a. Hai que compaxinar o que ti elixes co que poidan facer os teus fillos. Estas vivendas, por exemplo, teñen unha especie de terraza diante na que os nenos poden estar xogando tranquilam­ente. Inténtase ofrecer un ambiente máis caseiro, onde dalgunha forma se poidan manter unhas rutinas que os pequenos tiñan na casa. Alguén que se ten achegado tamén nos dixo que por fin ían poder durmir os pais sós nunha habitación, porque as cabanas teñen dúas. Cando viaxas e vas a un hotel é frecuente que se durma todos xuntos, no mesmo cuarto.

 ?? FOTO ANA GARCÍA ?? Beatriz Verdes, delante de sus Cabanas, en Barizo.
FOTO ANA GARCÍA Beatriz Verdes, delante de sus Cabanas, en Barizo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain